martes, 25 de marzo de 2014

 A idade media

A  ALTA IDADE MEDIA: O FEUDALISMO

A Alta Idade Media é o período comprendido entre a caída do Imperio Romano, no século V (ano 476), e o século XII.
En Europa vivíanse grandes cambios territoriais, sociais e económicos.


Sociedade e economía

Nos novos reinos europeos prodúcese unha división da sociedade en tres estamentos ou clases sociais (nobreza, clero e campesiños). Esta organización social xurdida chámase FEUDALISMO.

O rei era a máxima autoridade nos reinos cristiáns da Alta Idade Media.


A nobreza composta por nobres, condes e marqueses. Adoitaban vivir en castelos e posuían as terras.Obedecían ao rei a cambio de poder e terras.


O clero dedicábase ao estudo é a cultura, ademáis das tarefas relixiosas. Os membros do alto clero (abades e bispos) posuían terras, xeralmente ao redor dun mosteiro, e vivían e actuaban como señores feudais.
O baixo clero (monxes e sacerdotes) realizaban algunhas tarefas agrícolas e estudaban as obras da Antigüidade, ademais de copialas para a súa difusión.

Os campesiños debían obedecer o señor feudal (nobreza o alto clero) e pagarlle impostos elevados a cambio de poder traballar as súas terras. 


O feudalismo


O pacto de vasalaxe establecíase entre cada nobre co rei, consistía en que os nobres defendían ao rei sempre que fose necesario a cambio de que os deixase administrar un territorio chamado feudo, convertíndose así en señores feudais.
Ás veces o feudo era rexido por un membro do alto clero, bispo ou abade.


Os campesiños traballaban as terras do feudo. Non tiñan liberdade nin para abandonalo nin para traballar para outro señor o para sí mesmos.

Algún campesiños eran servos xa que traballaban a cambio de casa e comida.


Nesta época a maioría da poboación habitaba en aldeas e casas illadas e dedicábanse á agriculltura, pero tamén había cidades onde vivían comerciantes e artesáns.

A baixa idade media: o nacemento da burguesía

A Baixa Idade Media é o período comprendido entre o século XII e o ano 1.492. Tempo de paz e cun incremento importante da poboación, son moitos os campesiños que foron vivir ás cidades. Ademáis as cidades disfrutaban dos favores do rei a cambio dos impostos que éste recadaba.




Sociedade e economía


O aumento do comercio xunto coa elaboración de productos artesanais favoreceu o crecemento das cidades, e con iso, o nacemento dunha nova clase social: a burguesía. Formada por comerciantes e artesáns que tiñan o seu propio negocio, é dicir, non eran vasalos de ningún señor.
As persoas que se dedicaban ao mesmo oficio agrupábanse en gremios ou en asociacións de oficios (zapateiros, albaneis...), que adoitaban ter os seus obradoiros na rúa ou nun barrio da cidade.

Nas cidades celébranse feiras e mercados, co comercio de animais, productos artesanais e agrícolas dábaselle unha gran vitalidade a economía.


Co tempo o comercio marítimo de longa distancia adquiriu moita importancia. Cidades mediterráneas coma Venecia, Xénova, Barcelona e Marsella participaban neste comercio marítimo polo Mediterráneo e intercambiaban mercadorías con Oriente Próximo. 

No século XIV comezou unha grande crise en toda Europa, provocada por varios anos de malas colleitas, que provocaron grandes fames a las que se lle uniron unha epidemia de peste negra a partir 1347, como consecuencia a poboación das cidades e das vilas diminuíu rapidamente. Cálculase que na segunda metade do século XIV Europa perdeu un tercio da súa poboación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario